O certame vinícola será promocionado con catas en Ourense O Concello de Sober ofrecerá de novo un servizo gratuíto de autobús desde Monforte
19 mar 2007 . Actualizado a las 06:00 h.? cantante David Civera e o grupo Astarot animarán a 27 Feira do Viño de Amandi con senllas actuacións que se ofrecerán o próximo día 31. O concerto comezará ás nove da noite. Para o festexo está prevista tamén a participación da cantante Rocío Caamaño e da orquestra feminina D'Tacón. O Concello de Sober, por outro lado, promocionará a nova edición da feira cun posto que estará instalado no centro comercial Pontevella, en Ourense, entre os días 23 e 25. Neste posto ofreceranse catas comentadas dos viños de Amandi aos visitantes do centro. A feira vinícola foi presentada tamén no Parador de Ribadeo, onde o pasado venres se celebrou un acto promocional que no que participaron a alcaldesa Raquel Arias, varios adegueiros e representantes da comisión organizadora. Premios literarios Por outra parte, o próximo día 29 fallaranse os premios do primeiro certame literario convocado con motivo da Feira de Amandi, dirixido a estudantes de primeiro e segundo curso de ESO. Os galardóns serán entregados o 1 de abril, despois da lectura do pregón do festexo. O resto da programación da feira darase a coñecer a finais desta semana. Os responsables municipais soebrinos, así mesmo, sinalaronn que na nova edición da feira haberá un servizo gratuíto de autobús entre Monforte e Sober para trasladar aos visitantes que prefiran non utilizar os vehículos particulares, como xa se fixo en anos precedentes.