Autovías, trens, viticultura e cota láctea nas propostas nacionalistas

La Voz

LEMOS

13 feb 2008 . Actualizado a las 02:00 h.

En compañía do alcalde de Monforte, Severino Rodríguez, e do tenente de alcalde de Chantada, Alfonso Piñeiro, Paz Abraira presentou en Monforte unha batería de reivindicacións sobre o sur lucense que o BNG pretende levar ao Congreso.

As propostas dos nacionalistas fan fincapé na axilización dos proxectos da A-76 e das autovías Monforte-Chantada e Lugo-Ourense e na creación dun plano de seguridade viaria para eliminar puntos negros da N-120 e da N-540. O Bloque reclama tamén diversas medidas para a potenciación de Monforte como centro ferroviario de distribución de mercadorías e a creación de liñas de cercanías.

Outras propostas do Bloque fan referencia á creación da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, a rexeneración das bacías fluviais e o desenvolvemento das áreas naturais protexidas, o reparto da cota láctea, a defensa do sector vitícola e a potenciación da produción agrogandeira e o fomento das novas formas de produción enerxética, entre outros aspectos.