Regístrate gratis y recibe en tu correo las principales noticias del día

Os festexos gastronómicos teñen un limitado efecto de atracción

La Voz

LEMOS

20 mar 2010 . Actualizado a las 02:00 h.

Carmen Martínez opina que a elevada demanda que seguen rexistrando os negocios turísticos da zona débese principalmente a uns prezos bastante moderados en comparación cos doutras partes de Galicia e a unha boa relación calidade-prezo. O efecto de atracción que poidan ter os festexos gastronómicos que se celebran na zona esta temporada -como as feiras do viño de Amandi e Quiroga ou a Feira Medieval de Monforte- parécelle en cambio moi limitado. «A xente que vén doutros lugares, sobre todo a que vén de fóra de Galicia, ten moi pouca ou ningunha información previa sobre estes festexos ante de chegar aquí», explica. «Cando se lles informa de que hai estas cousas levan unha agradable sorpresa, pero é algo que non inflúe na súa decisión de visitar esta zona», agrega.

A presidenta de Lugosur cre que sería conveniente buscar unha fórmula para centralizar e difundir en Internet toda a información relativa a este tipo de citas. «Teríamos que estudar algún sistema capaz de informar adecuadamente sobre estes festexos a toda xente interesada en visitar esta zona», comenta.