O Trícole actúa hoxe en Lugo na 28 edición do ciclo «O Pazo das Musas»

monforte / la voz

LEMOS

29 dic 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

O grupo musical O Trícole, de Sober, terá un papel destacado na edición número 28 da denominada Revista Oral O Pazo das Musas, un ciclo de concertos e conferencias que organiza de forma trimestral a Rede Museística Provincial. O acto comezará ás oito da tarde de hoxe na sede da Deputación.

A formación soberina interpretará as cantigas tradicionais Camiña don Sancho, Hei de ir ás segas a Lugo, Por entre pastores, Para subir a Proendos, Os reises do Tabulé e Turululú, así como a peza Cantiga de Pero de Sampil e Pero Bernal, con letra do escritor chantadino Xosé Lois García. O programa da xornada comprende tamén charlas sobre cultura e patrimonio e recitais de poesía.