Regístrate gratis y recibe en tu correo las principales noticias del día

«Esta cidade dá pé a falar de literatura»

c.c. monforte / la voz

LEMOS

19 abr 2012 . Actualizado a las 07:00 h.

Na organización das rutas e o seu argumento participaron todos los traballadores da consellería que dirixe Pilar López. A Xosé Martínez correspondeulle acompañar aos estudantes como guía dos percorridos.

-¿Por onde irán as rutas?

-Cada unha sairá do colexio correspondente. Adaptaremos cada itinerario a esa circunstancia.

-¿Por que a diferenza de enfoque para Primaria e Secundaria?

-Polos gustos que se supón que teñen os alumnos de cada idade, polo tipo de ensinanza que reciben. Aos máis pequenos élles máis asimilable a época medieval, así que con eles ten máis sentido centrarse máis na historia.

-Que referencias literarias utilizará?

-Os lugares de interese artístico de Monforte dan pé a falar de literatura, porque están cargados de historia. Aproveitaremos os lugares que visitamos para falar dunha personaxe literaria e da súa época. Por exemplo, cando nos cadre pasar pola porta da Alcazaba podemos falar de literatura medieval e de trovadores como Fernán Figueira de Lemos. Se estamos en San Vicente mencionaremos os séculos escuros e contaremos que o bacharel Olea escribiu alí presumiblemente o primeiro vocabulario de galego, cando era preceptor dos fillos da terceira condesa de Lemos.

-¿E na parte nova?

-Si. Por exemplo, no Cardeal pódese abordar o trauma polo recorte de liberdades da época entre 1936 e 1975 , porque nas galerías estaba a librería de Manuel María, sede de Edicións Xistral, que entre outras cousas importantes mantivo a importante colección de poesía Val de Lemos. Con cada grupo chegaremos onde poidamos, pero desde San Vicente vese todo Monforte.