Patricia Díaz considera que a súa vocación dentro da farmacia é o ámbito da investigación e do laboratorio. Aínda que valora que este sector non se atopa no mellor dos momentos, confía en poder adicarse a el en Galicia.
-¿Como ve o camiño dentro da investigación no caso de Galicia ?
-Eu véxoo bastante difícil porque non hai cartos que se destinen a este fin, nin tampouco programas que permitan a incorporación de novos xóvenes investigadores. Dende sempre, o que permitía a incorporación eran as axudas. Agora que as están sacando todas, é difícil incorporarse ao terreo profesional.
-Dentro da investigación, ¿cal está sendo o seu suxeito de traballo?
-Xa a miña tesina foi sobre a administración intratumoral de fármacos. Agora, o meu suxeito de estudo no doutorado é acerca das próteses óseas medicadas. Concretamente trátase de traballar sobre a maneira de incorporar células que produzan móleculas específicas dentro das próteses terapéuticas.
-Unha pregunta recorrente aos rapaces da súa xeración; ¿onde cre que se atopan as saídas e cal é o camiño que conduce ao éxito?
-Eu vexo ben tanto aos rapaces formados que marchan fóra coma os que quedan aquí. Son optimista e penso que se loitamos e seguimos insistindo, poderemos conseguir o que queremos. Pero para iso temos que loitar duro polos nosos soños, en calquera lugar.
-Atendendo a isto, ¿cales son os seus plans?
-O meu desexo é ir fóra, aprender fóra, pero sempre con vistas a volver a Galicia.