Rosa Cedrón e Emilio Rúa actuarán o sábado en Escairón

La Voz

LEMOS

Rosa Cedrón e Emilio Rúa nunha recente actuación en Malpica, onde ofreceron o espectáculo «Diversións»
Rosa Cedrón e Emilio Rúa nunha recente actuación en Malpica, onde ofreceron o espectáculo «Diversións» BASILIO BELLO

O dúo ofrecerá o seu espectáculo «Diversións» no Círculo Saviñao

19 feb 2020 . Actualizado a las 11:24 h.

O Círculo Saviñao acollerá este sábado unha actuación dos músicos Rosa Cedrón e Emilio Rúa, que ofrecerán o espectáculo «Diversións», que combina composicións propias e versións de temas tradicionais. O concerto comezará ás once da noite e a entrada será libre. Natural de Monforte, a cantante e instrumentista Rosa Cedrón formou parte do grupo Luar na Lubre ata o 2005, ano no que iniciou unha carreira en solitario que comprende colaboracións con Cristina Pato, Paco Lodeiro, Sito Sedes e a orquestra SonDeSeu. O cantautor ourensán Emilio Rúa ten colaborado, entre outros, con artistas como Kepa Junkera, Víctor Manuel e Mercedes Ferrer.