A obra, dirixida ao público familiar, representarase este xoves no edificio multiusos e a entrada será gratuíta
25 dic 2024 . Actualizado a las 17:58 h.O auditorio do edificio multiusos de Monforte acollerá esta xoves -a partir das 18.00 horas- a representación da obra Coa música a outra parte, da compañía de monicreques Trécola Producións. A función, dirixida a un público infantil e familiar, pechará o ciclo de teatro organizado polo Concello para este trimestre. A obra, adaptada e dirixida por Isa García Coldeira, está baseada en varias pezas de teatro de monicreques do escritor rianxeiro Rafael Dieste, tituladas La fiera risueña, Nuevo retablo de las maravillas e El falso faquir. A versión de Trécola Producións engade escenas de colleita propia e actualiza os argumentos «con temáticas combativas e irreverentes para darlles un toque divertido e provocador», segundo os seus responsables. O elenco deste espectáculo está formado por Ero Vázquez Cabrera e Raquel López Cendán.