Óscar Górriz presenta o seu libro «Bóveda, a memoria no lugar»

La Voz

BÓVEDA

Óscar Górriz cun exemplar do seu libro «Bóveda, a memoria no lugar»
Óscar Górriz cun exemplar do seu libro «Bóveda, a memoria no lugar» CEDIDA

O acto celebrarase o domingo no centro sociocultural deste mesmo municipio

20 dic 2024 . Actualizado a las 12:07 h.

O fotógrafo, músico e escritor Óscar Górriz presentará este domingo o seu libro Bóveda, a memoria no lugar no municipio ao que está dedicada esta obra. Será no centro sociocultural municipal a partir das 17.00 horas. O libro, publicado pola editorial Canela, é froito dunha residencia artística organizada polo centro cultural A Casa da Memoria —situado na aldea de Xullán, na parroquia de Tuimil— co apoio da Consellería de Política Social e coa colaboración dos internos da residencia Domus Vi.

O libro reflicte as conversas que mantivo o autor cos veciños do municipio acerca do súas memorias persoais, o seu modo de vida e as tradicións orais locais. A obra tamén recolle fotografías realizadas por Górriz durante o proceso de preparación da obra. O autor compuxo ademais unha serie de cantigas de estilo tradicional baséandose nas conversas mantidas cos veciños de Bóveda. As gravacións realizadas por Górriz poden escoitarse no canal da Casa da Memoria en YouTube.