Regístrate gratis y recibe en tu correo las principales noticias del día

O festival de cinema portugués da Ribeira Sacra regresa en primavera

La Voz

BÓVEDA

Un fotograma do filme «Prazer, camaradas!», de José Filipe Costa, que forma parte da programación do festival
Un fotograma do filme «Prazer, camaradas!», de José Filipe Costa, que forma parte da programación do festival CEDIDA

Entre os próximos días 20 e 23 haberá proxeccións cinematográficas e actividades gastronómicas en Bóveda, Monforte, Chantada e Sober

17 mar 2025 . Actualizado a las 16:41 h.

O festival de cinema portugués Vendaval, organizado polo centro cultural A Casa da Memoria —con sede na aldea de Xullán, en Bóveda— celebrou en agosto do 2024 súa primeira edición, que se desenvolveu neste municipio e no de Monforte. O filmes que se proxectaron nesta mostra poderán verse nunha edición de primavera que se celebrará entre os próximos días 20 e 23 e que se ampliará a outros municipios da Ribeira Sacra. O programa complementarase con varias actividades gastronómicas. A iniciativa conta co apio da Vicepresidencia de Cultura da Deputación lucense.

A continuación detállanse as actividades previstas para estas xornadas:

20 de marzo. A Casa de Cultura de Monforte acollerá a partir das 16.30 horas a proxección dos filmes O casaco rosa, de Mónica Santos, e Tão pequeninas, tinham o ar de serem já crescidas, de Tânia Dinis. Ese día ofrecerase tamén unha cata de viños portugueses no restaurante Trespés, na mesma localidade, ás 21.00 horas. A cata comprenderá catro viños, catro tapas e a proxección do filme Cartas a uma ditadura, de Inês de Medeiros. O prezo para esta actividade é de 25 euros por persoa. Para asistir é precio realizar unha reserva previa chamando ao teléfono 661 43 43 36.

21 de marzo. Ás 19.30 horas proxectarase o filme Prazer, camaradas!, de José Filipe Costa, na sala Cinema Palleiriso, na localidade de Garabelos, pertencente á parroquia de Mariz, en Chantada.

22 de marzo. A Casa de Cultura de Sober acollerá a partir das 19.30 horas a proxección do filme 48, de Susana Sousa Dias.

23 de marzo. No centro cultural A Casa de Memoria, en Xullán, proxectarase ás 16.30 horas o filme Batida de Lisboa, de Rita Maia e Vasco Viana. Ese mesmo día e no mesmo lugar haberá un xantar popular a partir das 14.00 horas.