«Xoves de comadres» levouse catro premios no Porriño
08 sep 2020 . Actualizado a las 05:00 h.A curtametraxe Xoves de comadres foi a trunfadora da XVII edición do Festival de Cans. O traballo da realizadora viguesa Noemí Chantada fíxose con catro dos principais premios: mellor curtametraxe, mellor guion, premio do público e premio dos veciños e Veciñas. «A visión naturalista e a sensibilidade amosada á hora de crear un espazo de intimidade e verdade sobre a soedade e abandono da terceira idade cunha mirada crítica e profundamente humana» foron as razóns do xurado para premiar la curta, ademais da complicidade que acadou a directora coas súas actrices.
Chantada, que leva quince anos traballando como directora de fotografía e cámara, viña de obter no Festival de Málaga coa mesma curtametraxe a mención especial do xurado, a biznaga de prata e o premio do público.