Ramón Villares presenta o seu último libro en Chantada

La Voz

CHANTADA

O historiador Ramón Villares presentará o seu libro en Chantada
O historiador Ramón Villares presentará o seu libro en Chantada Eduardo Pérez

09 oct 2024 . Actualizado a las 19:17 h.

A Irmandade Cultural País do Faro organiza a presentación do libro de Ramón Villares Repensar Iberia. Del iberismo peninsular al horizonte europeo. O acto terá lugar este venres, 11 de outubro, a partir das 20,30 horas no Círculo Recreativo Cultural de Chantada. O autor estará acompañado por Víctor F. Freixanes, Presidente da Real Academia Galega e a presentación será a cargo de Tamara González, historiadora e membro da Irmandade.