Exposición ao aire libre con catro escritores que contaron O Courel

La Voz

FOLGOSO DO COUREL

Dous dos paneis da exposición que se pode ver na praza do Concelo, en Folgoso do Courel
Dous dos paneis da exposición que se pode ver na praza do Concelo, en Folgoso do Courel CONCELLO DE FOLGOSO

Os paneis que forman esta mostra están instalados en Folgoso na praza do Concello

31 mar 2022 . Actualizado a las 16:10 h.

Catro autores que utilizaron O Courel como escenario fundamental para a súa obra son os protagonistas dunha exposición que acaba de ser instalada en Folgoso. Trátase da mostra "Courel, territorio literario", que está organizada pola Fundación Uxío Novoneyra e que xa se pode visitar na praza do Concello de Folgoso do Courel.

No Concello explican que esta mostra reivindica as terras do Courel como lugar de creación na literatura galega a través de catro autores principais: Ánxel Fole, María Mariño, Uxío Novoneyra e mais Carlos Oroza. Os paneis que foran esta exposición permanecerán tres meses na praza do Concello de Folgoso.