Xesús Galán, poeta e profesor de gaita en Barcelona, será homenaxeado no Filandón de Músicas do Courel

FOLGOSO DO COUREL

Natural de Piñeira, na parroquia de Seoane, faleceu a principios deste ano
11 jul 2023 . Actualizado a las 19:54 h.A próxima edición do Filandón de Músicas do Courel, que se celebrará o 6 de agosto, estará dedicada á memoria do gaiteiro e poeta Xesús Galán López, natural deste municipio e falecido o pasado xaneiro.
Nado en 1930 na localidade Piñeira —na parroquia de Seoane, emigrou sendo moi novo a Barcelona, onde residiu durante a maior parte da súa vida e onde exerceu como profesor de gaita no centro galego Saudade. Galán participou en varias edicións do festival de música tradicional do Courel.
A nova edición, que será a número 26, celebrarase no entorno da antiga ferrería de Seoane. Os organizadores do festival entregarán a chamada Tésera da Hospitalidade a Valentín García Gómez, secretario xeral de Política Lingüística.
O programa comprenderá actuacións do trío de violíns de Tatiana Kostomarova e a orquestra Río Leira de Vilamartín de Valdeorras, entre otros músicos.
Tamén estarán presentes os músicos vascos Juan Marí Beltrán e Fernando Jalón, a agrupación Agarimos de Barcelona e as cantoras populares Leni Pérez e Isabel de Arcos de Vilamartín, que serán galardoados coas medallas do Filandón.