O Apalpador non faltou á súa cita anual no Courel 

FOLGOSO DO COUREL

O Apalpador, como é habitual, recibiu aos rapaces na entrada do camiño que leva ao bosque da Devesa da Rogueira
O Apalpador, como é habitual, recibiu aos rapaces na entrada do camiño que leva ao bosque da Devesa da Rogueira CEDIDA

O mítico personaxe celebrou un encontro cos nenos no camiño da Devesa da Rogueira

31 dic 2023 . Actualizado a las 13:39 h.

Seguindo unha tradición creada nos últimos anos, o Apalpador celebrou un encontro cos nenos este sábado no municipio de Folgoso do Courel. O festexo tivo lugar na entrada dun camiño que vai desde a localidade de Moreda ao bosque da Devesa da Rogueira —lugar de residencia do mítico personaxe— xunto a unha vella cabana agrícola.

O encontro anual co Apalpador nesta paraxe comezou a celebrarse no 2017 por iniciativa da asociación cultural Fonte do Milagro e do Concello de Folgoso do Courel. A cita foi gañanado popularidade e atrae a veciños de diversos municipios próximos, así como a visitantes doutras localidades galegas que pasan a fin de ano na serra do Courel. Nesta ocasión tamén foron moitas as familias que acudiron a presenzar a chegada do Apalpador, procedente do bosque, para repartir castañas entre os rapaces.