Ao redor de sesenta traxes de época para alugar están dispoñibles desde onte nun establecemento comercial das galerías da rúa Cardenal. Os traxes pertencen a unha empresa de Ponferrada coa que contactou esta mesa semana a organización da Festa Medieval, ante o risco de que este ano non fose posible dispor de traxes ata o mesmo sábado, despois de que o propietario dun establecemento local desbotase facelo no seu establecemento, tal como estaba previsto.
Os traxes chegaron de Pnferrada ás catro da tarde. Son en total ao redor de setenta vestidos de home e muller, entre os que hai tamén algúns para nenos. Na maior parte dos casos, os prezos oscilan entre os trinta e os corenta euros, aínda que os hai de ata sesenta. Ademais, é preciso depositar unha fianza que se reingresará no momento da devolución.
O ritmo de alugueres durante a tarde de onte foi reducido. O establecmento permanercerá aberto hoxe en horario comercial. O sábado será posible alugar traxes no propio recinto da festa desde primeira hora da mañá, nun posto que instalará a empresa que se encargará da animación de rúa durante toda a xornada.