Monforte non ten festas este ano, pero si que ten cartel anunciador

La Voz

MONFORTE DE LEMOS

Rubén Alejandro Lucas García

Un deseñador de Murcia gaña os 1.000 euros do premio do concurso organizado polo Concello

06 ago 2021 . Actualizado a las 17:01 h.

O cartel anunciador das festas de agosto de Monforte 2021 titúlase "Alegría" e é obra dun artista de Murcia. Este é o segundo ano consecutivo que Monforte pasará sen as súas fiestas patronais, pero o Concello decidiu convocar igualmente o tradicional concurso para elixir cartel. Foron presentadas 28 proposstas. Todas se poden ver nunha exposición que está aberta desde este venres, co gañador nun lugar preferente.

No Concello explican que o gañador foi escollido "polo seu colorido, pola alegría que transmite, así como pola súa orixinalidade". O xurado tivo tamén en conta que o deseño vencedor recolle todos os elementos representativos de Monforte. Nel vense o monte de San Vicente coa Torre da Homenaxe, o edificio dos Escolapios, a virxe de Montserrat ou a praza de España e os fogos artificiais.

O seu autor é Rubén Alejandro Lucas García, un deseñador que ten experiencia en concursos como este. Súa era tamén a proposta gañadora do concurso de carteis organizado en Lugo para a edición 2013 do Arde Lucus e, máis recentemente, o da carreira de fin de ano do 219 en Segovia. Como gañador, correspóndenlle os 1.000 euros en metálico cos que o Concello de Monforte dotou nesta ocasión o premio do concurso.

A exposición coas 28 propostas de cartel que chegaron este ano ao Concello de Monforte permanecerá aberta ata o 27 de agosto. As instalacións están abertas entre as dez e as dúas pola mañá e de cinco a nove polo serán.

O xurado que avaliou os 28 deseños a concurso estaba formado por representantes de diferentes empresas creativas de Monforte e por persoal funcionario do Concello, e presidido pola concelleira de Cultura, Marina Doutón.

O cartel que o xurado considerou como gañador, foi escollido polo seu colorido, pola alegría que transmite, así como pola súa orixinalidade. Do mesmo xeito, o xurado tamén tivo en conta que o cartel recolle todos os elementos representativos de Monforte: San Vicente coa Torre da Homenaxe, os Escolapios, a Virxe de Montserrat ou a Praza de España, así coma os característicos fogos artificiais.

Este é o segundo ano conscutivo que Monforte non ten festas de agosto. Os responsables municipais renunciaron a celebrar as do 2020 a causa da pandemia e este ano volven tomar a mesma decisión.