A actuación ofrecerase o domingo pola tarde no auditorio do edificio multiusos
24 sep 2021 . Actualizado a las 11:35 h.O auditorio do edificio multiusos de Monforte acollerá este domingo un concerto da Orquestra Vigo 430, organizado polo Concello en colaboración coa Sociedad Filarmónica monfortina dentro da actuacións programadas pola Xunta con motivo do Xacobeo 2021-2022. A entrada será libre ata completar a capacidade do local de acordo coa normativa sanitaria vixente. As invitacións comenzarán a repartirse ás 19.00 horas e a entrada ao auditorio farase ás 19.40.
Neste concerto, a orquestra actuará baixo a dirección de Isabel Rubio e será acompañada polo pianista Antonio Queija. Na actuación estrearase a peza Variacións sobre ‘Rosa de abril', do compositor Juan Durán. O programa comprenderá tamén as pezas Oración del torero, de Joaquín Turina; Serenata para cordas, de Antonin Dvorak, e Danzas romanesas, de Béla Bartók.
A Orquestra Vigo 430 configurouse no 2014, aínda que as orixes do proxecto datan do 2005. O obxectivo principal da iniciativa consistiu en crear unha formación orquestral profesional formada por membros das novas xeracións de músicos galegos e por músicos destacados doutras comunidades españolas e doutros países. Os promotores desta formación pretenden achegar a música clásica a novos públicos potenciais.