Estudantes de Monforte aprenden a actuar en caso de emerxencia

La Voz MONFORTE / LA VOZ

MONFORTE DE LEMOS

O Colexio Ferroviario organiza unha xornada divulgativa con axuda de personal sanitario, un hospital de campaña e moitos maniquíes

06 may 2022 . Actualizado a las 12:58 h.

O Colexio Ferroviario de Monforte dedicou a xornada deste xoves a formar aos seus estudantes nas nocións básicas sobre primeiros auxilios. Non se tratou unicamente dunha charla informativa con persoal especializado, aínda que iso tamén o houbo. A colaboración de personal que traballa en asistencia de urxencias permitiu preparar no colexio todo un escenario de emerxencias, con medios que poucas veces se ven en actividades deste tipo nos centros educativos, como un hospital de campaña.

A xornada arrancou a primeira hora da mañá, coa chegada a este centro educativo de media ducia de ambulancias da empresa Salutrans, que ten adxudicada a cobertura de medios nesta zona para o servizo de emerxencias médicas 061, e dun coche dos bombeiros do parque comarcal contraincendios. O persoal sanitario traía con eles varios maniquíes dos que se utilizan nos cursos de primeiros auxilios e todo o material preciso para montar un hospital de campaña, como os que se utilizan en emerxencias nas que hai moitas vítimas.

Cos maniquíes e o hospital de campaña colocados no polideportivo do colexio, especialistas de Salutrans foron impartindo charlas adaptadas aos diferentes cursos e niveles educativos do centro. Os alumnos recibían nas charla explicación sobre como comportante en caso de ter que atender unha persoa ferida e instruccións para axudar en caso de atragantamentos.