Regístrate gratis y recibe en tu correo las principales noticias del día

A escritora Laura López Drusetta presenta en Monforte a súa obra «Todo pasa»

La Voz

MONFORTE DE LEMOS

Laura López Drusetta (no centro) cun exemplar da súa obra nun acto de presentación organizado pola Fundación Vicente Risco en Ourense
Laura López Drusetta (no centro) cun exemplar da súa obra nun acto de presentación organizado pola Fundación Vicente Risco en Ourense Santi M. Amil

Foi galardoada o pasado ano co premio de novela curta Antón Risco

29 ene 2025 . Actualizado a las 13:06 h.

A escritora Laura López Drusetta presentará este venres en Monforte a súa obra Todo pasa, que gañou o ano pasado o premio Antón Risco de novela curta. O acto terá lugar na librería Agrasar e contará coa participación de Paula Martínez García — profesora de lingua castelá e literatura no instituto monfortino Río Cabe— quen ofrecerá unha reflexión sobre a novela e a súa relevancia literaria. A presentación do libro comezará ás 20.00 horas e a entrada será libre ata completar o aforo.

A novela Todo pasa foi publicada na colección literaria «Dr. Alveiros», na que colaboran a Fundación Vicente Risco -que concede estes premios- e a editorial Urco. A obra, sinalan os organizadores do acto, «destaca como un exemplo brillante de narrativa breve en lingua galega, reafirmando a importancia do premio Antón Risco na promoción de novas voces literarias».