Regístrate gratis y recibe en tu correo las principales noticias del día

A campaña anual de divulgación da toponimia galega comezará en Pantón e rematará no Incio

La Voz MONFORTE / LA VOZ

O INCIO

09 jun 2022 . Actualizado a las 11:56 h.

A quinta edición da campaña «Toponimízate. Falámosche dos nomes da túa terra» comezará en Pantón e rematará no Incio. Estes son os dous únicos concellos do sur da provincia de Lugo nos que se farán nesta ocasión actividades deste proxecto conxunto da Secretaría Xeral de Política Lingüística, e da Real Academia Galega, ideado para difundir o valor da riqueza de toponimia galega.

A iniciativa quere tamén divulgar a plataforma colaborativa Galicia Nomeada, que recolle en internet nomes de lugar e microtoponia (as denominacións de leiras, montes, regatos, fontes ou penedos). Desde o lanzamento público desta ferramenta dixital a finais do 2019, Galicia Nomeada incorporou máis de 43.000 os microtopónimos. Esta aplicación ten máis de 2.600 colaboradores rexistrados e comprende topónimos e microtopónimos de 292 municipios galegos.

A campaña deste ano comezará o próximo día 17 cun acto informativo no salón de actos da Casa da Cultura de Ferreira de Pantón. Despois pasará por Sada, Laza, Chandrexa de Queixa, A Fonsagrada, Covelo, Castrelo de Miño, Rodeiro, Fisterra, Ortigueira, Allariz, Oleiros, Ponteareas, Forcarei, Zas, Guntín e O Incio, onde pechará a campaña o 25 de novembro.