A campaña anual de divulgación da toponimia galega comezará en Pantón e rematará no Incio

La Voz MONFORTE / LA VOZ

PANTÓN

Víctor Freixanes, presidente da Real Academia Galega, e Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística, este mércores na presentación da quinta campaña Toponimízate
Víctor Freixanes, presidente da Real Academia Galega, e Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística, este mércores na presentación da quinta campaña Toponimízate MIGUEL GRANDÍO

O proxecto ten como obxectivo difundir a riqueza da toponimia galega

08 jun 2022 . Actualizado a las 19:32 h.

A quinta edición da campaña «Toponimízate. Falámosche dos nomes da túa terra» comezará en Pantón e rematará no Incio. Estes son os dous únicos concellos do sur da provincia de Lugo nos que se farán nesta ocasión actividades deste proxecto conxunto da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Real Academia Galega (RAG), ideado para difundir o valor da riqueza de toponimia galega.

A iniciativa quere tamén divulgar a plataforma colaborativa Galicia Nomeada, que recolle en internet nomes de lugar e microtoponia (as denominacións de leiras, montes, regatos, fontes ou penedos). Desde o lanzamento público desta ferramenta dixital a finais do 2019, Galicia Nomeada incorporou máis de 43.000 microtopónimos. Esta aplicación ten máis de 2.600 colaboradores rexistrados e topónimos e microtopónimos de 292 concellos galegos.

A campaña deste ano comezrá o 17 de xuño, cun acto informativo no salón de actos da Casa da Cultura de Ferreira de Pantón. Despois pasará por Sada, Laza, Chandrexa de Queixa, A Fonsagrada, Covelo, Castrelo de Miño, Rodeiro, Fisterra, Ortigueira, Allariz, Oleiros, Ponteareas, Forcarei, Zas, Guntín e O Incio, onde pechará a campaña o 25 de novembro.