Quiroga acolle a sétima edición dos Cantos de Taberna con once grupos participantes
QUIROGA
Será este sábado, 9 de marzo, e participarán once grupos
07 mar 2024 . Actualizado a las 12:25 h.O Concello de Quiroga organiza este sábado, 9 de marzo, a VII edición dos Cantos de Taberna, un evento que reúne a once grupos de música tradicional galega que percorrerán os bares e locais da vila interpretando temas populares.
Segundo informou o Concello nun comunicado, esta é a edición con máis grupos participantes de todas as realizadas ata o momento, procedentes das provincias de Lugo e Ourense. Os grupos son: Foliada de Bosende, Son do Mao, O recanto, Estoupafoles, Corenta e Chinco, Minestrales, Abertal da Rúa, Macizas Centrais, Eí os veñen, Os Tarabelos e Nubeiro Son Galego.
O Concello tamén destacou que, como novidade, cada grupo recibirá 150 euros para consumir nos establecementos que visite, mentres que os locais se comprometen a ofrecer tapas ou pinchos aos músicos e ao público asistente.
O evento comezará ás 20:00 horas, cando os grupos se reunirán na Casa da Cultura para recibir o itinerario do recorrido. A continuación, cada grupo actuará durante uns 30 minutos en cada local, ata completar un total de seis actuacións.
A festa rematará pasada a media noite na praza da rúa Lago, onde os regueifeiros Luís "O Caruncho" e Bieito Lobariñas animarán a foliada final.