Este ano conseguiuno co seu programa "Sober coa lectura"
06 nov 2021 . Actualizado a las 11:04 h.A biblioteca pública de Sober acaba de gañar de novo un dos premios María Moliner de animación á lectura que conceden o Ministerio de Cultura e a Federación Española de Municipios e Provincias. Xa conseguira este recoñecemento en seis ocasións máis. Este sétimo premio ano conseguino con programa denominado "Sober coa lectura", que inclúe actividades para nenos e adultos. O premio ten unha dotación de 2.000 euros que a biblioteca gastará na compra de libros e publicacións periódicas.
Segundo a información facilitada polo Concello de Sober, os premios María Moliner concédense ás bibliotecas "que levan a cabo un proxecto único que inclúa accións de animación á lectura e valoran especialmente aspectos como a eficiencia no labor bibliotecario, a integración social na comunidade e o uso das novas tecnoloxías". Na edición deste ano, as únicas da provincia de Lugo que recibieron premio foron a de Sober e a de Xermade.
As actividades de animación á lectura da biblioteca de Sober son programadas pola bibliotecaria Julia Fernández Garza e a animadora sociocultural Dunia Rodríguez Vázquez. O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, asegura que esta nova distinción “é un recoñecemento ao traballo que se fai, e que non cesou durante a pandemia porque sempre cremos que o apoio á cultura é fundamental tamén en momentos complicados e xa desde as idades máis temperás”.