Taboada participa na posta en marcha dunha asociación de festas con lume de toda España

La Voz CHANTADA / LA VOZCHANTADA / LA VOZ

TABOADA

Un momento da festa conxunta na que participaron todas as asociaciones presentes esta fin de semana no encontro de Casarabonela (Málaga)
Un momento da festa conxunta na que participaron todas as asociaciones presentes esta fin de semana no encontro de Casarabonela (Málaga) CEDIDA

O alcalde viaxou cos organizadores da Queima das Fachas de CAstelo a Málaga a un encontro con outras oito localidades

23 oct 2024 . Actualizado a las 20:13 h.

Os organizadores da Queima das Fachas de Taboada traballan para pór en marcha unha federación de asociacións que represente as festas tradicionais con lume que se celebran en España. É un dos acordos adoptados nun encontro celebrado esta fin de semana en Casarabonela, unha localidade da provincia de Málaga que cada mes de decembro celebra a denominada Fiesta de los Rondeles, unha celebración na que os veciños acenden ducias de fachos ao paso da imaxe dunha Virxe local.

Foi a quinta edición do Encontro Nacional de Festas Tradicionais con Lume, que se celebrou nesta localidade andaluza entre o 18 e o 20 de outubro de 2024 coa participación dos organizadores da Queima das Fachas de Castelo (Taboada), o Vítor de San Esteban del Valle (Ávila), o Paso del Fuego de San Pedro Manrique (Soria), a festa da Virgen de los Pegotes de Nava del Rey (Valladolid), o Vítor de Mayorga (Valladolid), os Escobazos de Jarandilla de la Vera (Cáceres), e as Candelas de Zalamea la Real (Huelva), ademáis dos anfitrións de Casabonela. Noutras ocasións, neste encontro participaron también o Folión das Fachas de Vilelos (O Saviñao) e a festa do Paso del Fuego de San Pedro Manrique (Soria).

Responsables da Asociación Sociocultural das Fachas de Castelo acudiron acompañados polo alcalde, Roi Rigueira, e participaron en todas as actividades. A festa comezou o sábado pola mañá nun activo divulgativo no que interviron expertos en festas populares e continuou ese mesmo día pola noite cunha representación de todas as festas presentes.

O encontro rematou coa sinatura por parte de todos os presentes dunha declaración de intencións pensada para que ser o primeiro paso para a presentación dunha entidade de ámbito estatal que representa a todas as festas deste tipo que se celebran en España. O alcalde de Taboada explica que se trata de «ter unha asociación que represente a todos, co respaldo dos distintos concellos e ver ata onde se pode chegar».