Espectáculos e Xacobeo

| SUSO VARELA |

LUGO

DESDE EL ADARVE

25 feb 2004 . Actualizado a las 06:00 h.

OS RESPONSABLES musicais do Xacobeo sinalaron o pasado martes na presentación do espectáculo que haberá o sábado no pavillón municipal, que Lugo carece dunha estructura tan boa como as que ten Santiago para acoller grandes concertos durante o Ano Santo. Detrás de tales afirmacións agóchanse varias preguntas e afirmacións. A primeira é que soa a desculpa para non traer a Lugo a xente de categoría. Dixeron que no anterior Xacobeo veu á capital lucense un espectáculo de salsa, con Celia Cruz, que apenas encheu, cando en Canarias o mesmo tivo cen mil persoas. Normal. ¿A quen se lle ocorre levar folk galego a Lanzarote? Segundo, nótase que os do Xacobeo descoñecen que Lugo ten un recinto feiral onde se pode meter a miles de persoas para ver a Bob Dylan, David Bowie ou a quen sexa. E terceiro, se Santiago ten máis que Lugo será porque os cartos públicos se reparten mal.