DESDE EL ADARVE
09 jul 2005 . Actualizado a las 07:00 h.AOS TITULARES nos remitimos. Non hai rallie sen feridos graves ou morto de por medio, atropelado por algún cabeza tola exaltado, por imprudencia de participantes ou por inconsciencia dos espectadores. O ocorrido na proba de Avilés é un botón máis neste desfile de despropósitos ao volante. Polo medio é raro que non circule alcohol, sobre todo se se trata de concentracións de xente moi nova. Semella que o traxe dos domingos e o desfile de toda a familia dentro do automóbil para a bendición do san Cristóbal, é unha antigualla de moito fuste, e polo mesmo camiño van as xuntanzas de coches clásicos, sexan de Seat 600 ou de Rolls Royce. Hoxe o que manda é o tunning e a cervexa misturada con gasolina e aceite; os pinche carneiros dos quad e dos motor show . A moita xente poslles dúas ou catro rodas nas mans e xa se cren san Alonso, san Sáinz ou san Rossi. San Cristóbal xa non é ninguén.