«Quixera que a xente se identificase coa miña poesía»

Benigno Lázare LUGO

LUGO

Entrevista | Saturnino Valladares

11 jul 2005 . Actualizado a las 07:00 h.

A Saturnino Valladares gostaríalle, por enriba de todo, que a xente se identificase co que escribe. Pero é consciente de que os lectores habituais de poesía pertencen a un ámbito moi reducido, polo que resulta moi difícil ter a oportunidade de que o gran público coñeza os seus poemas. Tras un período de repouso e corrección, acaba de sacar á rúa o seu segndo traballo, Cenizas , inda que xa ten o terceiro rematado dende hai tempo. -Se se publican libros, non serán tan poucos os lectores como din a maioría de vostedes. -A xente que máis poesía le somos os propios poetas, nos nosos familiares e as personas do noso entorno. É un ámbito moi pechado e as edicións son de tiradas moi pequenas. -¿Tuvo que adiantar o diñeiro para que lle publicasen a obra? -Non; páganme moi pouco pero foi o único libro desta editorial que non tivo que ser autoeditado nos últimos anos. O último non pagado polo autor fora un de Leopoldo María Panero, hai dous ou tres anos. -¿A que lector lle gustaría chegar se poidese sobrepasar o círculo habitual? -Gostariame ser un poeta do pobo. Quixera que a xente se identificase coa miña poesía. -¿E se un cantante coñecido lle pedise versos? -Sería para min un gran éxito. E xa postos a ser exquisitos, gustaríame que fose Serrat. -O libro leva unha cita de Valente. ¿É o gurú da poesía contemporánea? -É un dos máis influintes na miña poesía, con Gamoneda. Os dous teñen unha relación moi cercana coa morte, e Valente góstame tamén pola súa poesía erótica, que é o tema dun libro meu.