OPINIÓN DE EXPERTO | O |
25 abr 2006 . Actualizado a las 07:00 h.O ANTIBELICISMO é o l eit motiv temático dun discurso que é o reflexo dun cambio de século convulso, no que nos diferentes puntos do planeta se producen numerosas perdas humanas e culturais. Caxigueiro como artista do seu tempo non permanece alleo a esta destrución implicándose dun xeito activo nas súas presentacións plásticas desde hai dúas décadas. Xa desde principios dos noventa o encontro fortuíto cun fragmento de material de desfeito -os dentes gastados dunha escavadora-, será a orixe dunha forma modular que terá unha presenza fundamental nas series Guerreiros e Europa terapia puntual . En Guerreiros a devandita forma, nunha reiterada seriación, fai alusión aos anónimos exércitos opresores que actúan coartando liberdades en diferentes xeografías.