?s veciños de Meira e da comarca poderán ver ata o día 30 en la Casa da Cultura da vila a exposición Nazón de Breogán, un xeito de soñar Galicia . A mostra, inaugurada onte polo secretario xeral de Vicepresidencia, Antón Losada , intenta achegar ao espectador ao carácter específico e identitario de Galicia a través dun percorrido pola historia galega, desde as súas orixes ata 1936. A través de grandes paneis gráficos, a mostra axuda a entender de onde vimos e cara onde queremos avanzar. Losada, no acto de inauguración, destacou o éxito de público que está a ter esta colección entre os veciños das sete grandes cidades de Galicia. Por iste motivo, decidiuse facer unha segunda versión da exposición orixinal (presentada en Compostela no verán) que é a que se pode ver estes días en Meira. A exposición, que xa estivo en Chantada e Cervo, irá logo de Meira a Baralla e máis adiante tamén se poderá ver en Monforte, Xermade e Ribadeo. Vicepresidencia editou 50.000 exemplares do catálogo da mostra, que se distribúen de balde na rede de centros de xuventude e en varios colectivos culturais.