«Made in spain»

Carlos Ferreiro

LUGO

09 jul 2010 . Actualizado a las 02:00 h.

Ninguén ten dúbidas -suponse- de que os San Fermines se celebran en Pamplona. Mesmo hai algún lince que sabe fixar a data concreta no calendario -previo cantaruxo da melodía, claro. Do que xa existen dúbidas razoables é de que algún dos Camiños que guían aos peregrinos a Santiago pase pola nosa provincia.

Á vista do interese da Xunta por organizar algún acto do Xacobeo en Lugo eu xa estou por pensar que non. Este si que sería un impulso -a secas, sen plan. Ao final teremos que ir a Lalín a ver a Sabina. Lalín, por poñer un exemplo, que tamén empeza por «L» pero que non é Lugo, non é capital de provincia nin o foi do antigo reino de Galicia nin... -con cariño e todo o localismo.

O que si pasou por Lugo foi a Axencia Galega de Inauguracións. Que non existe pero? habelas hainas e cada día máis; aínda que nunha de Georgie Dann queda moito mellor a palabra chiringuito que non axencia.

Digo que pasou, e vostedes se decataron, seguro, para facer a «antepreinauguración» previa á propia preinauguración... Vamos, que viñeron a vender, porque o hospital segue pechado.

E o fútbol? Qué me din do fútbol? Santos pagáns en tempos de crises de fe -das outras tamén. O diario alemán Die Welt -xa se sabe que os alemáns nos queren ben- saía este mércores cunha imaxe en portada dunha laranxa, «made in spain» e un exprimidor «made in germany». A alusión era clara: vámolos espremer. Xa! Esquecéronse da outra lectura: sacaron o mellor da nós.

Menos mal que a selección de fútbol, sendo roxa, non entende de partidos e ten ven claro cal é o seu rival e a súa bandeira. Podían tomar nota no PP cando difaman ao seu pais.

redac.lugo@lavoz.es