17 jul 2010 . Actualizado a las 02:00 h.
A poboación de Haití aínda está con moito medo e «empeza a desesperarse», segundo explica o sacerdote Ramón Jacobo, que, ademais de en Haití e na República Dominicana, tamén interveu como cooperante en Zambia, Perú, Brasil e Panamá.
-Temos un montón de campamentos en situacións moi precarias e empeza a empeorar o tempo. Temo que coa chegada da época de chuvias e de ciclóns poida haber unha catástrofe de epidemias, que podería causar aínda máis vítimas que o sismo.