As mulleres tomamos as rúas

Asociación Enriqueta Otero

LUGO

09 mar 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

A presenza feminina no rueiro de Lugo é case nula. Tan só 25, dun total de 210 rúas, teñen nome de muller, o que representa o 11,90 %, e tendo en conta que as mulleres somos o 50% da poboación, é un exemplo da invisibilidade á que se nos segue a someter. A paridade no rueiro axudaría a construír a igualdade. Asistimos con estupefacción a que se van a conceder novas rúas a alcaldes do Franquismo, o que contravén o espíritu da Lei da Memoria Histórica; porén, as mulleres seguen, seguimos, a estar ausentes. Esta sería unha oportunidade para que mulleres do ámbito local, estatal e internacional estivesen representadas no rueiro. Abondan mulleres con méritos sobrados para figurar entre as elixidas. Hoxe traemos aquí a unhas cuantas das miles que teñen contribuído coa historia e coa sociedade:

Rosalind Franklin, descubridora do ADN. Dolores Ibárruri Pasionaria. Rúa do 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres. Clara Zetkin, intelectual e feminista que promoveu o citado día. Rúa das mestras republicanas. Sofía Casanova, xornalista e primeira correspondente de guerra. Académica de honra da Real Academia Galega. Aung San Suu Kyi, Premio Nobel da Paz. Concepción Basanta Curbera, fundadora de Manos Unidas en Lugo e presidenta de Cáritas Diocesana. Emilia Naveiras Fernández, benquerida lucense que pasou a vida sementando ilusión e compromiso. Rúa das mulleres anónimas. Clara Campoamor, impulsora do sufraxio para as mulleres en España. María Zambrano, Premio Cervantes. Dionisia López Amado, «a galega da zona norte».