«Propoño que se xunten PSOE, BNG e Unifoz, con Val de alcalde»

La Voz

LUGO

25 may 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

O candidato socialista e actual alcalde de Foz, José María García Rivera, lanzou unha novidosa proposta, que pasaría por un «goberno progresista» formado polo PSOE, Unifoz e BNG, co número dous na lista socialista, José Ramón Val, como alcalde.

-¿E os candidatos?

-Para que non haxa problemas, o que plantexo é que os cabeza de lista, Xaime Cancio, Basanta e eu, renunciemos á acta de concelleiros. Que entre xente nova, que formen un goberno forte, de 8 persoas, que repartan as delegacións e, por suposto, que o alcalde sexa socialista, por ser a lista máis votada; é dicir, José Ramón Val.

-¿Pero Cancio xa dixo que Unifoz non apoiará a un alcalde do PP ou do PSOE?

-Cancio fala sempre de que Unifoz é un partido horizontal. Pois ben, que o propoña en unha asemblea e que se pronuncien os seus afiliados. Eu non teño problema en irme. Xa non collería a acta se hai acordo.