martes, un ateigado salón do Círculo escoitaba expectante o solo dunha guitarra acústica, preámbulo á entrada no escenario de Lizz Wright. Recibida cunha gran ovación, a cantante norteamericana comezou o concerto con Old Man de Neil Young. Presentada a banda que a acompañaba, a artista continuou coa balada Black Rose, demostrando porque está considerada como unha das mellores voces do panorama internacional. Navegando de novo polo folk-rock, soou Easy Rider, homenaxe á falecida Odetta Holmes. Hit the ground, un gospel lento, cadencioso e profundo, deixou paso ao diálogo entre guitarra e batería, que crearon a atmosfera máxica para o seguinte tema, Stop, do que Wright fixo unha interpretación limpa, profunda, suxerente. O ritmo contundente de My Heart fixeron mover das cadeiras a todo o público. A balada A lover is forever deixou paso a unha nova versión, esta vez do tema de Hendrix In from the storm, que fixo as delicias dos asistentes. Song for Mia, I remember, I believe e Coming Home pecharon a actuación. Como agasallo, Wright volveu a escea para cantar Amazing Grace, acompañada só pola guitarrista Marvin Sewell. Acostumada dende pequena a escoitar himnos relixiosos, a súa interpretación foi maxistral, transparente, sen abusar dos artificios vocais. A banda despediuse con Walk with me, Lord, un clásico do gospel cun ton funk. As máis de 500 persoas quedaron encandiladas. A propia Lizz comentou o cómoda que estivera, porque viu aos lucenses «disfrutando coa súa música».
O