A súa exposición "Colleita do 1898" servirá para dar a coñecer a Valentín Paz Andrade
27 mar 2012 . Actualizado a las 15:57 h.O instituto Xoán Montes, na categoría de centro de educación secundaria obrigatoria, bacharelato e formación profesional, resultou gañador do concurso-exposición Letras Galegas 2012 co que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria achegará a figura de Valentín Paz-Andrade, autor homenaxeado este ano, aos centros de ensino, ás bibliotecas municipais, aos centros de estudos galegos, ás casas da cultura de máis de 1.600 puntos de Galicia e do exterior e aos os centros da emigración. A colección de dez carteis que conforman a exposición gañadora, "Colleita do 1898", imprimiranse e distribuiranse, acompañadas de cadansúa guía didáctica explicativa, para fomentar o achegamento do alumnado a Paz-Andrade e á súa obra. O grupo de traballo do citado instituto lugués que participou na elaboración dos carteis recibirá ademais un premio en metálico de 3.000 euros.