A Biblioteca premia a 15 escolares na fase local dos concursos de debuxo e narración

La Voz

LUGO

A entrega de premios será o día 28 de maio, ás seis da tarde

23 may 2013 . Actualizado a las 20:29 h.

A Biblioteca Nodal elixiu os 15 traballos gañadores do Certame de Debuxo e Redacción do Día das Letras Galegas, que competirán por Lugo na fase final deste concurso, convocado anualmente por este centro en coordinación con máis dunha vintena de bibliotecas municipais da provincia. Na fase final compiten os rapaces seleccionados en cada unha das bibliotecas nas diferentes categorías, que se están dando a coñecer estes días e que reciben como premio un lote de libros. Na Biblioteca Nodal, os gañadores do certame de debuxo foron os seguintes:

Categoría A: Ata 8 anos

Jimena Carreira Sampere. 8 anos. Colexio Illa Verde

María López Carnero. 8 anos. Colexio Illa Verde

Sara Álvarez Civeira. 7 anos. Ceip Anexa.

Categoría B: 9 a 11 anos:

Paula Barreiro Rodríguez. 11 anos. Colexio San Xosé

Patricia Rodríguez Dafonte. 10 anos. Colexio Rosalía de Castro

Ana Treitas Iglesias. 11 anos. Colexio San Xosé

Categoría C: 12 a 16 anos:

Martiño Pereira Camarero. 12 anos. Colexio de Casás

Esperanza Romero Moreno. 12 anos. Colexio de Casás

Borja Corral López. 12 anos. Colexio de Casás

Polo que respecta á narración, os premios foron para os seguintes escolares:

Categoría B: 9 a 11 anos:

Candela Ángela Neira Villares. 10 anos. Colexio de A Ponte

Iria Rodríguez Ascariz. 10 anos. Colexio Illa Verde

Martín Iglesias Pereiro. 10 anos. Colexio de A Ponte

Categoría C: 12 a 16 anos:

Pablo Rico Echegaray. 12 anos. Colexio de A Ponte

Silvia Rouco Rodríguez. 12 anos. Colexio de A Ponte

Jonathan Fariñas Bermúdez. 12 anos. Colexio de A Ponte

O xurado estivo presidido por Marisol González Regal, directora da Biblioteca Nodal, e integrado, como vocais, por Yolanda Gómez González, xefa de Coordinación da área cultural da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria en Lugo; Jaime Santoalla Varela, inspector xefe de Educación; e Manuel Gulín Rodríguez, pintor. Actuou como secretario o xornalista Xulio Xiz Ramil. A entrega de premios efectuarase o próximo 28 de maio, martes, ás seis da tarde, na Biblioteca Provincial de Lugo (Avenida de Ramón Ferreiro).