1A lucense Eviña, que representa ás comarcas de Lugo, A Montaña e A Ulloa no concurso Recantos de Luar, xogarase esta noite, a partir das 22.00 horas, o pase á semifinal do certame. Vestida da deseñadora Montse Arias e con xoias de xoiería Senén, a rapaza interpretará unha adaptación ao galego de Bailemos un vals, o tema máis coñecido do canario José Velez. Os seus seguidores apuran os minutos no Facebook e nas redes sociais para sumar chamadas de apoios, xa que na seguinte fase só haberá xurado. Eviña ten unha axuda do Concello de Lugo. E o venres que vén, 31 de maio, chegará a quenda do guitiricense Marcos Roca del Valle, que representa á comarca de Terra Chá. Cantará Vivir así es morir de amor, de Camilo Sesto. O intérprete tamén conta cun nutrido grupo de fans e espera superar a eliminatoria. ¡Sorte aos dous!
Vilalba tapea á sombra dos Andrade
2 O Parador de Vilalba, que dirixe Manuel Quintanar, presentou a oferta do Menú Enxebre, cheo de produtos autóctonos, que ofrece o restaurante que acaba de abrir na torre medieval dos Andrade. Os asistentes ao acto degustaron polbo ou lacón, empanada ou caldo, o que dá idea da aposta por promocionar a cociña galega.
Coche eléctrico
3A Administración empeza a apostar polas enerxías que supoñen un menor custo medio ambiental. De aí que xa sexa posible ver a algúns funcionarios da Xunta en Lugo circulando nun coche oficial eléctrico.
Visita a Sarria
3A directiva da Asociación Irmandade Sarria-Guerledan participou en actos que tiveron lugar con motivo da visita dos alumnos do Liceo Paul Eluard de Mur a Galicia organizada polo IES Gregorio Fernández. O colectivo invitounos ao encontro deste ano, do 10 ao 16 de xullo.