O irmán de José Couso ofrecerá mañá unha charla en Lugo

L.R. LUGO / LA VOZ

LUGO

O encontro estará organizado pola Asociación cutural Contracorrente

22 oct 2013 . Actualizado a las 22:09 h.

Javier Couso, irmán de José Couso, o periodista galego asasinado nun hotel de Bagdad no ano 2003 mentres cubría para Telecinco a guerra de Iraq, ofrecerá mañá mércores unha conferencia en Lugo titulada «O control da información en guerra. O caso Couso: 10 anos de loita contra a impunidade». A charla comezará ás 20.00 horas no salón de actos da facultade de Formación do Profesorado, e será organizada pola Asociación cultural Contracorrente. Con ela arrincará o ciclo «Xoves a contracorrente», co que este colectivo, creado en Lugo, tratará de promover, impulsar e organizar estudos, seminarios, cursos, debates ou publicacións, entre outros, no ámbito da cultura, as artes, as ciencias e a cooperación internacional.

Durante o encontro de hoxe presentarase o vídeo Memoria dun crime de guerra. Unha familia na procura de Xustiza, e o libro José Couso: a mirada incómoda, no que colaboran xornalistas e figuras como Maruja Torres, Olga Rodríguez, Jon Sistiaga ou o falecido José Luis Sampedro.