Tráfico avisa de que esta semana controlará a centos  de camións e furgonetas en Lugo

Xosé Carreira O CORGO

LUGO

OSCAR CELA

Ó primeiro dos controis asisteu o subdelegado do Goberno, a responsable da DXT e o capitán da Garda Civil de Tráfico.

11 feb 2015 . Actualizado a las 14:43 h.

Tráfico controlará ao longo desta semana a centos de camións e furgonetas que circulen pola rede viaria da provincia de Lugo. Trátase dunha vixilancia especial que ten como obxectivo mellorar a seguridade viaria. O primeiro dos controis tivo lugar hoxe na área de descanso da A-6 no Corgo e contou coa asistencia do subdelegado do Goberno, a responsable da DXT en Lugo e o capitán do Garda Civil de Tráfico. Os resultados dos primeiros vehículos inspeccionados non son nada alentadores. A maioría circulaban irregularmente.

Ramón Carballo salientou a importancia da concienciación dos usuarios das vías, sexan conductores ou peóns, e aproveitou para pedirlles prudencia e responsabilidade para combater os accidentes de tráfico que o ano pasado se cobraron en Lugo a vida de 31 persoas. «A seguridade vial é cousa de todos», lembrou.

O segundo tipo de vehículos que máis circulan polas estradas nacionais son os de transporte de mercadorías. En Lugo hai máis de 41.000. Os axentes centraranse nos controis en cuestións como o uso do cinto, o consumo de alchol, os tempos de conducción  e aspectos como o peso, estado dos neumáticos e acondicionamento da carga.  Carballo advertiu: «Non é o mesmo conducir un camión ou furgoneta porque o seu comportamento dinámico é diferente, especialmente con carga; en caso de accidente, as consecuencias vense multiplicadas se está implicado alomenos un destes vehículos».