Bravo por Mónica García (Dosinda), Patricia de Lorenzo (Isaura) e Arantza Villar (Benedita) por ser tan auténticas e facer que nos sintamos tan identificadas con elas. Bravo por Isabel Risco e Marián Bañobre por falar moito e falar ben, dicindo verdades coma puños. E, como non, bravo por esa «labregha berghantiñana» que é Sés, por non esconder a súa voz e instarnos a rebelarnos a conciencia. En definitiva, bravo por as mulleres todas: avoas, nais, fillas ou nulíparas; casadas ou solteiras; do rural ou da cidade; con estudos ou sen eles; traballadoras ou desempregadas; heterosexuais ou lesbianas...
E como alguén ten que dicilo, o último bravo vai por dous homes -que supoño que terán detrás dúas inmensas mulleres-. A Mario Outeiro e Antonio Veiga hai que agradecerlles que fagan posible dende a Deputación que Lugo e a súa provincia disfruten de espectáculos teatrais, actuacións musicais e outras manifestacións artísticas, ao igual que o levaban facendo nas restantes provincias galegas dende hai anos. E isto, que é así a día de hoxe, agardo que non mude a partires do vindeiro mes de maio.
Posdata: Comisións de festas de Galiza enteira, xa estades tardando en facer posible que as verbenas desta terra galega estean pragadas de actuacións de mulleres bravas. ¡Que non se diga!