A Deputación ofrece 450 prazas en actividades medioambientais de balde

LUGO

A programación inclúe alternativas para todas as idades

20 dic 2017 . Actualizado a las 09:47 h.

A Deputación comezará o ano con novas actividades en Terras do Miño. En total, ofrece case 450 prazas en actividades medioambientais gratuítas para todas as idades. O prazo de inscrición comeza mañá en www.deputacionlugo.gal.

Todas as actividades terán lugar no Centro de Interpretación Terras do Miño, agás o obradoiro de iniciación ás aves acuáticas invernantes, que tamén se celebrará na Lagoa de Cospeito.

Actividades adultos

- 20 de xaneiro (10.00-14.00 horas), Curso de iniciación á poda. Participantes: 20.

- 25 de xaneiro (19.30-21.00 horas), Conferencia Formas curiosas e rechamantes no mundo dos cogomelos. Participantes: 40.

- 3 de febreiro (10.00-14.00), A compostaxe: de refugallo a recurso. Participantes: 20.

- 10 de marzo (10.00-14.00 horas), obradoiro «A horta na casa». Participantes: 20.

- 17 de marzo (10.00-14.00 horas), Actividades de relaxación e contacto. Participantes: 40.

Actividades familias

- 13 de xaneiro (10.00-14.00), obradoiro «Xardíns verticais empregando materiais reciclados». Participantes: 20.

- 17 de febreiro (10.00-14.00 horas), obradoiro de iniciación ás aves acuáticas invernantes. Participantes: 20.

- 3 de marzo (10.00-14.00 horas), O teixugo na Reserva da Biosfera Terras do Miño. Participantes: 20.

Actividades infantís

- 2, 3 e 4 de xaneiro (10.00-14.00 horas), Historia e Natureza da Nosa Terra. Participantes: 20 (de 8 a 13 anos).

- 26 de xaneiro (17.00-20.00 horas) e o 27 de xaneiro (11.00-14.00 horas), Día Mundial da educación ambiental. Participantes: 50.

- 12, 13 e 14 de febreiro (10.00-14.00), I Entroido de Ciencia e Medio Ambiente. Participantes: 20 (6-16 anos).

- 23 de febreiro (16.00-20.00 horas) e o 24 de febreiro (11.00-14.00 e 16.00-20.00 horas), obradoiro «Descubrindo a arte na natureza». Participantes: 25.

- 26, 27, 28 de marzo e 2 de abril (10.00-14.00 horas), Campamento Urbano. Participantes: 25.