Mañá arrinca Xuvenlugo

La Voz

LUGO

Ata o 7 de xaneiro as familias teñen unha cita de ocio no Nadal no Pazo de Feiras

03 dic 2018 . Actualizado a las 20:37 h.

Deputación, Concello e Pazo de Feiras e Congresos súmanse para promover unha nova edición dun evento clásico do Nadal para o lecer familiar: o XuvenLugo, que terá lugar do 5 de decembro ao 7 de xaneiro en dous pavillóns e un corredor do Pazo de Feiras e Congresos. Entre as novidades, destaca que se inclúen nclúen actividades actividades para nenos e nenas de 0 a 3 anos, e tamén atraccións de moda e de última xeración; como o Maxidance, que se xunta a 10 atraccións mecánicas máis.

Datas, horario e prezos

XuvenLugo, que conta cunha colaboración conxunta de 15.000 euros da entidade local e provincial, abrirá as súas portas en xornada de tarde, de 16:30 horas a 20:30 horas, nas seguintes datas: do 5 ao 9 de decembro, do 14 ao 16 de decembro; do 21 ao 23 de decembro; do 25 ao 30 de decembro; do 1 ao 4 de xaneiro de 2018; e 6 e 7 de xaneiro de 2018. A entrada xenérica de XuvenLugo será de 6 euros. Poderase sacar un bono grupal de 50 euros para 10 persoas que terá validez para un só día. Haberá un prezo especial da entrada a 4,5 euros para Concellos, colexios e asociacións, mediante reserva anticipada e para un mínimo de 15 persoas. O prezo para outras actividades dentro do recinto variará segundo os xogos: o acceso á pista de minigolf será de 1,5 euros; ao toro mecánico ou á pista de slot, 2 euros.

Celebraranse dúas xornadas de portas abertas, unha o día 5 de decembro promovida polo Concello, e outra o os 14 de decembro, promovida pola Deputación.