Vinte anos celebrando a Mostra de Teatro Amador de Palas de Rei

Gloria G. Vivero PALAS DE REI / LA VOZ

LUGO

Cedida

As actuacións empezarán o próximo martes e rematarán o 7 de setembro con unha nova edición de Son d'aldea

22 ago 2019 . Actualizado a las 18:53 h.

Este xoves presentouse no Concello de Palas a Mostra de Teatro Amador de Palas de Rei, Teatro no Camiño de Santiago, que empezará a próxima semana e durará ata a principios setembro. Trátase dun referente dentro do panorama de teatro amador galego nacional e pola mesma teñen pasado xa máis de 250 compañías do teatro galego e máis de 30 da península e de países como Cuba, México, Portugal, Francia...

Este ano participarán nove grupos de Galicia e un de Pozuelo de Alarcón. As actuacións empezarán o próximo martes e rematarán o 7 de setembro. Ese mesmo día nas aldeas de Albá, Santo Xusto, Vilafofe e Pambre celebrarase a 19 edición de Son d’aldea, actividade protagonizada polos veciños e polas veciñas das aldeas do Concello. Trátase dun evento dinamizador da cultura rural que procura amosala, proxectala e dignificala.

O programa deste ano queda da seguinte maneira:

O martes 27 de agosto o grupo Barafunda Teatro representará a obra Bañistas Despistados ás 18.00 horas na Praza do Concello. 

O mércores 28 de agosto o grupo Lila Teatro representará a obra Duncan de Palleiro ás 21.00 horas na Praza do Concello.

O xoves 29 o grupo municipal de Teatro de Palas de Rei representará a obra Vogando nos contos as 21.00 horas na Praza do Concello.

O vernes 30 o grupo Iara Teatro representará No Berce da palabra ás 21.00 horas na Praza do Concello.

O sábado 31 haberá dobre función co grupo Metátese Teatro que representará O euromillón ás 17.30 horas no campo da festa de Santo Xusto; e o grupo Metátese Teatro que representará Na procura dun traballo ás 21.00 horas na Casa da Cultura de Palas de Rei.

O domingo 1 entrega do Premio Garabato a Gabriel Barreiro Toural e o grupo Ateneo interpretará En el estanque dorado ás 21.00 horas na Casa da Cultura de Palas de Rei.

O mércores 4 o grupo Caxigos Teatro representarán a obra  O Conxuro das letras ás 21.00 horas na Casa da Cultura de Palas de Rei.

O xoves 5 o grupo Alentía Teatro representará a obra Conversas teatralizadas con… Johan Photography ás 21.00 horas na Casa da Cultura de Palas de Rei.

O vernes 6 o grupo Catoxo (Felipe Díaz) interpretará a obra Daló de onde eu veño ás 21.00 horas no Parladoiro de Arqueixal, en Albá con motivo da IX edición do Son d’aldea.

 O sábado 7 realizarase unha  creación colectiva dirixida por Metátese Teatro e Alentía Teatro. Sairase do campo da festa da aldea de Santiago de Albá ás 9:30 e ás 10.00 horas representarase a obra Os ollos da experiencia.

O sábado 31, ás 21:00 horas, na Casa de Cultura de Palas, entregarase o segundo Premio Garabato á Conservación do Patrimonio en homenaxe a Gabriel Barreiro Toural, dotado con 1000 euros en valor a unha entidade que se distingue pola súa labor de defensa do patrimonio cultural do rural.O último día desta mostra entregarase o XIV Premio Careón á escritora Ana Pillado Vega, en recoñecemento pola súa labor como escritora e dinamizadora da cultura galega, e o XIX Premio Mácara a Manuel Vieites pola súa traxectoria profesional como escritor e o seu apoio ao teatro.