Neves Seoane: «Somos pioneiros. Hai moitos centros de ensaio, pero non para drons»
LUGO
A responsable do CIAR subliña a singularidade do centro de invetigación de Rozas
15 dic 2019 . Actualizado a las 05:00 h.Neves Seoane transmite ilusión e orgullo cando fala do CIAR, un proxecto no que, ao igual que os seus compañeiros, se deixou a pel dende o primeiro día. Agora que o centro deixa atrás a fase de proxecto e comeza a voar só, amósase expectante.
-Que é o que distingue ao CIAR?
-Centros de ensaio de avións tripulados hai moitos no mundo, pero de non tripulados é o primeiro con estas características pola instrumentación que temos. Non é só unha pista, un hangar e unhas infraestruturas, senón todo o que conleva esta instrumentación que ten. Nós non controlamos o tráfico aéreo, non somos un centro de control, nós controlamos os ensaios, e estamos especializados en avións non tripulados.
-Cal é a idea coa que xorde?
-A idea é certificar os avións non tripulados de Europa. Este centro fíxose como un centro innovador para que sexa o primeiro destas características e pretendemos estar preparados para cando haxa lexislación en avións non tripulados para aceptar e recibir todos os que queiran certificarse así. Somos pioneiros. Hai moitos centros de ensaio, pero para drons, con este entorno, con estas características, non. Non é o mesmo voar aquí que en Madrid, onde non che deixan voar as horas que queiras. Nós non interaccionamos co tráfico aéreo normal.
-Vostedes son un organismo comercial, non si?
-Exacto. O día de mañá ofreceremos servizos a organismos públicos e privados. Somos un organismo con carácter comercial. Temos que xerar operacións comerciais, por un lado facemos investigación e por outro damos un servizo, e vaise cobrar por ese servizo. Hai convenios de colaboración con universidades, empresas públicas e privadas. Nós temos que promocionar coñecemento, difusión… pero hai servizos que cobramos con prezos públicos establecidos no BOE.
-Vostedes forman parte dunha segunda xuventude de Rozas.
-Si, aquí estamos nós e a creación do polígono aeronáutico, de xeito que as empresas poden desarrollar os seus avións ou sensores e teñen o centro de ensaio ao lado. É un proceso integral.