«¡Qué ilusión repartir premios!»

Lorena García Calvo
lorena g.c. LUGO / LA VOZ

LUGO

OSCAR CELA

A loteira Isabel Iglesias di descoñecer quen é o agraciado co premio de 1,4 millóns da primitiva

25 jul 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

Isabel Iglesias leva todo o día descolgando o teléfono e recibindo felicitacións. O motivo é que na administración que rexenta dende hai sete anos -cando tomou o relevo do seu marido- repartiu no sorteo da Lotería Primitiva do xoves 1.431.964 euros, o premio máis elevado que ela recorda ter dado. O agraciado foi o único acertante da máxima categoría do sorteo ao lograr seis acertos cun boleto de sete apostas múltiples. A conta é rápida. Investiu 14 euros e levouse 1,4 millóns.

«¡Qué ilusión repartir premios. Claro que es emocionante!», explica a loteira, que descoñece quen foi o agraciado do premio, aínda que recoñece que lle gustaría que fose alguén de Lugo. En todo caso, lembra Isabel que é posible que o novo millonario nin tan sequera o saiba, posto que a primitiva era para dous días, polo cal aínda é válida tamén para mañá e igual non a comprobaron aínda.

OSCAR CELA

A administración que rexenta Isabel non é válida para supersticiosos. Chámase La Trece e está situada na esquina de Ángel López e Bispo Aguirre, un espazo privilexiado polo que a diario pasan ducias de clientes tentando na sorte. Onte, ademais de pedirlle á loteira que lles selara con xeito os boletos, tamén a felicitaban por ter repartido un premio de tal calibre. «Los clientes se enteraron todos, llevan todo el día dándonos la enhorabuena», conta Isabel.

Nas paredes e na cristaleira da administración loce o cartel co número 7, 13, 43, 34, 45 e 36, complementado co 6 e co 4 como reintegro. Esa foi a combinación gañadora, pero ese non é o único agraciado de La Trece nos últimos anos. Tamén repartiu algún de 600.000 euros, un par de segundos da Lotería Nacional e algunha cantidade un pouco máis humilde, pero que seguramente fixo ilusión a quen o recibiu no seu momento. «A mí ya me alegra el día entregar esos más pequeñitos, los de mil y pico», confesa Isabel facendo gala de vitalidade mentres atende aos clientes.