ABANCA e a Federación Galega de Comercio crean novas
estratexias para apoiar os negocios de proximidade
LUGO
LUGO
O acordo permite permite acceder aos comerciantes a fórmulas de financiamento adaptadas á urxencia da situación
20 oct 2020 . Actualizado a las 14:20 h.ABANCA e a Federación Galega de Comercio renovan o traballo conxunto que desde hai anos desenvolven para apoiar os negocios de proximidade. Esta histórica colaboración engade unha nova páxina coa rúbrica dun acordo que permite acceder aos comerciantes a fórmulas de financiamento adaptadas á urxencia da situación que vive o sector, moi marcada polos efectos tanto sanitarios como económicos da COVID-19.
A renovación do convenio de colaboración foi asinada esta mañá na sede da entidade financeira en Lugo e contou coa presenza do director territorial de ABANCA en Lugo, Javier Soto, e do presidente da Federación Galega de Comercio José María Seijas.