O escritor e editor lugués sinala que o libro galego do poeta andaluz é «unha ofrenda á nosa cultura»
20 nov 2020 . Actualizado a las 05:00 h.Henrique Alvarellos abriu o Proxecto Lorca cunha charla sobre a poesía galega de Federico García Lorca e a súa relación con Santiago e Lugo. Estivo no programa Voces de Lugo, de Radio Voz.
-Quedou abraiado García Lorca pola musicalidade do noso idioma?
-Sen dúbida. Xa con 18 anos escribiu no diario que empezou a facer cando visitou Galicia por vez primeira: «Esto me hipnotiza». A primeira impresión que tivo foi esa paisaxe tan distinta para un andaluz coma el. O Chove en Santiago que canta Rosa Cedrón foi o seu primeiro poema en galego, que deixou manuscrito na cidade de Lugo, en novembro de 1932, na súa segunda visita. Así que Lugo está moi presente nese inicio e forxa dos poemas galegos.
-Escribiu en Lugo «Chove en Santiago»?
-Foi escrito en Madrid, coa axuda de Ernesto Guerra Dacal ou de Serafín Ferro, porque el tiña un coñecemento pasivo do galego, era lector de Rosalía de Castro desde moi novo, pero necesitaba axuda para escribir. Cando chegou a Lugo no 32 deixou pasmado ao seu círculo de amizades cando se puxo a improvisar o Madrigal á cidade de Santiago, que é o Chove en Santiago, meu doce amor, pero despois descubriron que o traía aprendido. É o primeiro que viu a luz de Lorca en galego e que deixou manuscrito e regalou aos seus amigos en Lugo no ano 32, e que mantivo gardado toda a súa vida o que foi alcalde republicano Francisco Lamas.
-A arte demostra que os idiomas non separan, senón que unen?
-Sen dúbida. A aposta de Lorca pola cultura galega víñalle de vello. Conectaba a historia do pobo granadino coa da primeira poesía medieval galega, estableceu unhas pontes moi claras entre as dúas culturas. O libro que escribiu en galego é insólito porque en toda a súa carreira nunca publicou un libro que non fora na súa lingua materna. Para nós, para os galegos, é como unha ofrenda, un monumento á nosa cultura, porque quixo vir a nós.
-Como foron as visitas de Lorca a Lugo?
-A primeira foi o 25 de outubro de 1916, cunha excursión cultural de estudos. Tamén nos anos 20, tivo contacto con varios lugueses en Madrid. En 1932 visita tres veces Galicia e en novembro deixa o poema en Lugo. A revista Yunque, que dirixía Fole en Lugo, publicou ese primeiro poema antes de saír o libro, e Fole xa puxo no encabezado «Lorca, poeta gallego».
Sesión intercultural na Casa do Saber
La Casa do Saber volverá a ser escenario de las jornadas sobre la figura y la huella que dejó Federico García Lorca en Galicia, tanto a través de su escritura, como también de su vida cultural del primer tercio del siglo XX. El Proxecto Lorca continúa a las 20.30 horas con la sesión intercultural A universalidade da obra de Federico García Lorca dende unha óptica interdisciplinar: un diálogo entre a música, a literatura e os debuxos. El acto, que también se podrá seguir por streaming, contará como participantes con el músico Samuel Diz y con el especialista en García Lorca Mario Hernández. El primero interpretará composiciones ayudado de una copia facsímil de la guitarra de Federico García Lorca, acompañado de las explicaciones y aclaraciones que hará Hernández sobre la obra artística de este integrante de la Generación del 27. Las personas interesadas en acudir como público deben solicitarlo gratis en el correo cultura.lugo@usc.es.