Os lucenses Andrea e Miguel reinventaron a filloa da súa terra
15 feb 2023 . Actualizado a las 12:31 h.O programa da Xunta ‘Xuventude Crea’ é un concurso que premia a creatividade en diferentes ámbitos. No sector da cociña, o segundo premio, de 2.000 euros, levárono onte Andrea Maseda e Miguel Morán, a única parella do concurso que ademais, é de Lugo. O prato elaborado foi «Crema de grelo e ortiga con aire de rustido e crocante de filloa de Muimenta». Ambos dedícanse profesionalmente a outros eidos, pero sempre tiveron a cociña como un paixón. Para a elaboración da receita vexetal, quixeron incluír « con moita ilusión» algo de súa terra e ademais novo. «Fixemos a filloa dunha forma orixinal, escapando da rechea, máis clásica», explica Andrea.