A resposta do alcalde de Portomarín a José Tomé: «Neste caso vou tentar defenderme sin recurrir a hembras alfa, nin machos alfa»
LUGO

Velaí lle vai; pensará que puxo unha «pica en Flandes» ca súa carta, co único alcalde que no foi amolarse diante súa á Calle San Marcos; ahora darase de conta por qué...vostede non ten categoría para que eu me amole, ou cando menos, terá a mesma. E digo esto porque ainda que lle parezca que é o actor principal da provincia, o fin e o cabo, é un alcalde cas mesmas prerrogativas, obligacións e deberes que teño eu.
Fai falta estar moi pagado de sí mesmo para mandar ós medios unha carta de «amor» como a que vostede mandou. Esas cartas, por educación e decoro, non se fan públicas; e os regalos tampoco. Pero o fio da polémica que tivemos dixenlle «señor, non todos os que levan corbata o son, nin os que non a levan non o son». Sei que está moi de actualidade as cuestión de complementos; neste caso vou tentar defenderme sin recurrir a hembras alfa, nin machos alfa. As cuestións de igualdade deféndeas a persoa atacada, e neste caso son eu. Esa é a verdadeira igualdade entre persoas, independientemente do xénero.
Vostede mandou unha carta coma a que está tan de actualidade estes días, pero con balas de prata; o regalo que viña con ela era o de menos. Como son un home de honor acéptolle o duelo e replicareille ca mesma munición. Minte vostede no fondo da cuestión, non eran estudantes de enseñanza obligatoria e reglada, por eso mesmo os pais e mais se dirixiron ó concello, á Deputación e a Xunta na procura dunha solución. A Xunta o final, e fora das súas obrigas estatutarias, buscou unha solución, non por vostede nin por min, se non porque é a súa obriga atender os cidadáns se pode con medios públicos, e neste caso readaptouse o horario de transporte regular.

O estatuto xa o coñecía, e xa lle dixen en certa ocasión que as miñas lecturas as elixo eu, pero pode ser que lle recomende que repase a historia das Deputacións dende a Constitución de Cádiz do 1812 ata a actualidade, e a lei que a rixe 7/1985 de 2 de abril.
Como me recordou as obrigas estatutarias, voulle recordar tres súas según a referida lei:
Arranxo das carreteras provincias para que os pequenos que van ó instituto podan transitar dunha forma cómoda igual que vostede que vai pola da Xunta á Monforte. Inicio dos apartamentos tutelados aprobados e licitados polo «seu antecesor» para que os pais e avós deses nenos quc tanto lle preocupan teñas cubertas as necesidades de dependencia. Apertura do Club Náutico, cerrado caprichosamente e fai un par de anos e prometida fai meses a apertura pola «súa deputada» para que eses mozos que van a Lugo, teñan un lugar no que recrearse e relaxarse unha vez cumpridas cas súas obrigas como estudantes.
Mire, sen entrar na niña valoración persoal sobre a necesidade actual das Deputacións, eu creo que de existir, terían que darlle unha volta ó sistema electoral, xa que é o único chiringuito caciquil que queda neste estado democrático. A modo de exemplo, a vostede elixírono alcalde de Monforte, e eu como son un demócrata, todos os meus respetos a dita citade e a quen lle votou; o mesmo que pido para os veciños de Portomarín e para os galegos que elixiron recentemente en urna ó seu presidente. Pero os cidadáns desta provincia non o votaron para presidente dun ente que ten como obxetivo principal axuda a concellos de menos 5000 habitantes e hoxe o preside unha persoa sen proxecto de provincia e descoñecedora do rural, por ser precisamente alcalde da segunda cidade desta provincia.
O sistema é anacrónico e pouco democrático e como consecuencia as deputacións son instrumentos políticos (goberne o partido que goberne) e eu estou c porque o sufraxio universal é do pobo, e non de despachos de terceira elección, sobre todo en institucións como a que vostede preside que poden aportar moito bienestar á ciudadanía e adícanse a cuestións de moda ou a mandar libros por correo.
Fala vostede na carta de esixirlle á Xunta a delimitación de competencias, a achega de fondos dun xeito claro, transparente e determinado e con criterios obxetivos; pois...aplíquese o conto.
Esta incorrección política que tivo conmigo, eralle innecesaria, porque eu estou nun tempo que non ambiciono nada en política mais aló de cumplir cos meus veciños e compromisos actuais. Adicome ó meu traballo do cal vivo e me sinto moi orgulloso e totalmente realizado. Busque otros muíños de vento donde cravar a súa pica.
En base á cordialidade, mencionareille a cita dunha muller que admiro (se non o ofendo), é de Merkel. Ante unha pregunta de por qué gastaba tanto en educación, a contestación foi «los ignorantes nos cuestan mucho dinero», e ten outra cita boa sobre moda, pero non é hoxe o menester...
E despidome como vostede; espero que disfrute esta carta e pequeno presente, feita desde a cordial discrepancia das nosas respectivas posicións políticas.
Unha forte aperta e mil primaveiras máis.
